



DUNHA TERRA CON PAIXÓN


TIÑAMOS 311 RAZÓNS PARA FACELA EN GALICIA. E POR ISO A FIXEMOS EN GALICIA.
Tirar da xente "da casa" é algo que non se negocia porque, sen ela, P.A./311 nunca vería a luz. Porque son eles os que mellor coñecen a terra. Son eles os que estiveron destilando a súa paixón en cada pinga.
E son eles os que resistiron ata converter unha pequena idea nunha gran xenebra.

A NOSA FAMILIA








MATERIA
PRIMA GALEGA
DE ONDE SE NON?


A RECEITA DO ÉXITO?
Pepe Albela podía conformarse con situar unha das súas anteriores creacións entre as mellores xenebras do mundo, pero... e se quería seguir explorando? E se quería ir un pasiño máis? Non sabemos se cara adiante ou cara atrás, pero o que si tiñamos claro é que P.A./311 é unha xenebra de autor elaborada a base de esforzo e dedicación, a base de golpes e quebracabezas... ata dar con esa receita que só el tiña na mente.

P.A./311

ASÍ ATA 311
Para chegar ata aquí tivemos que pasar por moitas probas, en concreto 311. Somos conscientes de que non son poucas, pero cando sabes que é o que queres non paras ata atopalo.
Así é como conseguimos o que para nós é unha xenebra diferente. Só agardamos que vos guste.


PLANIFICA A TÚA VIAXE. ELIXE A RUTA. CATA A EXPERIENCIA.

na nosa destilería.